Gumersindo Meiriño en Correo TV, con el Papa en Santiago de Compostela

DESPREGAMENTO

Correo TV ofrece unha cobertura especial da visita do Papa

Hoxe repetiranse o programa de balance da xornada e o espazo informativo

Desde as oito da maña até as dez da noite Correo TV ofreceu onte unha programación especial coa cobertura íntegra da visita do Papa a Compostela.

A televisión compostelá emitiu en directo a actividade do Papa desde a súa chegada a Lavacolla até a súa despedida e a continuación un informativo especial recollendo o ambiente da rúa e os testemuños dos cidadáns que participaron nos actos. Os programas especiais contaron ademais con destacados expertos. Con Susana López estiveron no plató, comentando a viaxe papal, Antonio Maceira Gago, párroco de Santa Cruz de Rivadulla e profesor na Universidade de Vigo; Gumersindo Meiriño, doutor en teoloxía, escritor e conferenciante; Manuel Rodríguez, periodista, profesor da USC e director da Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago, e Modesto Gómez, director de Enxeño Galicia e fundador da Confraría de Estudantes. Así mesmo, a última hora da tarde, fixeron balance da xornada tres concelleiros do Concello compostelán: Ángel Currás (PP), Guadalupe Rodríguez (PSOE) e Elvira Cienfuegos (BNG). Rematada a retransmisión, Correo TV emitiu un programa informativo dirixido por Inés Dopazo, no que recolleu o recibimento popular e o ambiente vivido na cidade. Hoxe, durante todo o día, reemitiranse ambos os dous programas.

A Televisión de Galicia fixo un gran despregamento tamén, con 500 profesionais, entre informadores e técnicos, incluíndo persoal propio e colaboradores externos.

O plan incluíu a utilización de sesenta cámaras que deron cobertura por terra e aire de todo o percorrido do papa. Dezanove unidades móbiles, 30 quilómetros de cable ou 500 proxectores, son algúns dos datos técnicos que utilizou a TVG no seu despregamento.

Fuente:

http://www.galiciahoxe.com/comunicacion/gh/correo-tv-ofrece-unha-cobertura-especial-da-visita-do-papa/idEdicion-2010-11-07/idNoticia-608216/

***

Gracias por su visita

Para ir a la página de inicio haga clik en la siguiente imagen:

Anuncios